As festas grandes do pobo son as da patroa, a Virxe da Encarnación, organizadas polo Concello de Carballeda de Valdeorras, pero os veciños de Sobradelo senten unha gran devoción por San Antón de Padua, o santo avogado dos obxectos perdidos que é invocado polas mozas casadeiras na procura dun mozo, ata o punto de ter unha imaxe en lousa que conservan na súa propia capela.








Esa devoción fai que cada mes de xuño a zona máis antiga do pobo coñecida como Sobradelo Vello, se vista de gala para renderlle culto ao tamén chamado “santo do mundo”, dado que é venerado en multitude de países. Trátase dunha festa basicamente relixiosa co santo como protagonista, que comezaba coa novena (do 5 ao 13 de xuño), e celebraba hoxe o acto central cunha dobre celebración.








Ás 12:30 horas deste domingo 14 de xuño comezaba a misa na igrexa parroquial de Sobradelo (cantada polo coro) na honra de San Antón celebrando tamén o Corpus Christi, de aí que fose antes da procesión que de seguido saía coa imaxe do Santo e o párroco, Juan José Prieto, portanto o Santísimo baixo o palio, para percorrer a zona máis antiga da vila co acompañamento musical dos gaiteiros Airiños de Portela.








Fotos: Carlos G. Hervella.
