DeportesÚltima hora

San Xoán de Río acollerá unha masterclass de Bodycombat este sábado

Terá lugar no Polideportivo Municipal ás 12:00 horas e estará impartida polo trivés Marcos Rodríguez

Este vindeiro sábado, 25 de xullo, San Xoán de Río acollerá unha masterclass de Bodycombat. A actividade terá lugar ás 12:00 horas no Polideportivo Municipal.

 

Cartel da actividade.

 

Esta actividade estará impartida por Marcos Rodríguez Moreiras, natural de Trives e futbolista internacional que defendeu a camiseta de España nas seleccións sub-16 e sub-18. Comezou aos seis anos no equipo do seu Trives natal, desde onde deu o salto ao Deportivo da Coruña, conxunto no que estivo sete tempadas, logrando o ascenso á Segunda B. Desde A Coruña foise ao conxunto ibicenco do Santa Eulalia e logo pasou polo Lemos, o Ordes, o Somozas e o Bergantiños.

Artigos relacionados

Back to top button