ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río contará cunha Casa Niño

O DOG recolle o listado de novas axudas concedidas nesta convocatoria, a quinta desde a implantación do programa en 2016

 

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas para a creación de 13 novas Casa niño no rural, cinco delas na provincia de Ourense. Actualmente Galicia dispón de 68 destes recursos de conciliación en municipios de menos de 5.000 habitantes. Trátase da quinta convocatoria desde que se puxo en marcha o programa, no ano 2016.

En concreto, as persoas beneficiarias proxectan a apertura de Casas niño en cinco municipios de Ourense: Cortegada, Castrelo do Val, Verea, Quintela de Leirado e San Xoán de Río. Tamén están previstas en tres concellos da provincia da Coruña (Vilarmaior, Aranga e Moeche); noutros tres da de Lugo (Láncara, Navia de Suarna e Samos); e noutros dous en Pontevedra (Pazos de Borbén e Fornelos de Montes).

As Casas niño son un “recurso de atención á infancia para os concellos do rural que ofrecen unha atención totalmente gratuíta para as familias, próxima e individualizada aos máis pequenos. Cada centro pode acoller ata a cinco nenos. Trátase dun programa pioneiro que ten como obxectivo dotar a todos os concellos de Galicia dun servizo de conciliación”, segundo indica a Consellería de Política Social.

As persoas beneficiarias teñen un prazo de dez días para aceptar a axuda. Así mesmo, terán dous meses para achegar toda a documentación requirida se non o fixeron no momento da solicitude e acreditar que o inmoble onde se vai poñer en marcha o servizo está acondicionado.

 

Artigos relacionados

Back to top button