ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río estivo oito horas sen luz

Imaxe de San Xoán de Río a escuras na pasada noite./ Foto cedida.

Sen subministro eléctrico estivo durante un total de oito horas o municipio de San Xoán de Río. A luz marchaba ás sete da tarde de onte xoves 4 de xullo neste concello e non voltaba ata oito horas despois, é dicir, ás 3:10 horas da madrugada, tal e como informa o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, quen se puxo en contacto coa empresa eléctrica para solicitar información e demandar a reposición do servizo o antes posible.

“Ás 20h. falamos con Naturgy e dixéronnos que ás 22h. volvería a luz. Volvimos chamar ás 22:05h. e dixéronnos que ás 23:50h. Os negocios, a residencia… toda a xente está sen luz e sen solución”, tal e como sinalaba Pérez Blecua.

 

Artigos relacionados

Back to top button