ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río inicia a redacción do seu plan básico municipal

 

O alcalde de Río, na reunión cos técnicos para a elaboración do plan básico municipal./ Foto: Concello de San Xoán de Río.

Nesta mañá de 11 de decembro tiña lugar no salón de plenos do Concello de San Xoán de Río a primeira das reunións para elaborar un plan básico municipal. Neste encontro participaban o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, técnicos de Urben Consultores SL (empresa encargada de redactar o plan) e a arquitecta da Deputación de Ourense. O prazo de execución deste plan será de 10 meses.

“Este PBM, financiado o 100% pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dotará ao Concello de Río dun instrumento urbanístico básico que lles permitirá ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano”, explica o alcalde de Río.

Ademais este plan dotará ao “Concello dunha ordenación básica, cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponde á Comunidade Autónoma, en colaboración e coa participación do concello, e que estará vixente ata que xurdan iniciativas ou razóns determinantes dunha maior complexidade urbanística que aconsellen a formulación dun plan xeral de ordenación municipal para Río”, engade o rexedor

 

Artigos relacionados

Back to top button