DeportesEnduroÚltima hora

San Xoán de Río, no calendario de enduro da Liga Galega da Moto de Campo 2023

Un piloto en plena carreira nunha proba de enduro extremo na Rúa/ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Antes de que comezara o ano, dende a Liga Galega da Moto de Campo facían público o calendario de probas que se celebrarán neste 2023 nas diferentes modalidades (enduro, hard enduro, resistencia e navegación).

A de enduro (e tamén a variedade de mini enduro), comezará en febreiro na Peroxa; continuará en marzo, a comezos en Pantón e a finais en Piñor; e en maio chegará ata San Xoán de Río, unha das novidades deste ano. O día 27 será o turno do Mini Enduro Trofeo FOX SBIKE e o 28 o do Enduro Trofeo Café Caldelas.

Para o 18 de xuño está prevista unha proba en Foz e aínda haberá outra para despois do verán pendente de determinar.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button