ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río pide unha máquina quitaneves

O seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, di que se leva solicitando xa dende o verán

O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante á alerta laranxa por neve prevista para este luns 16 de decembro, o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, recorda unha petición que lle veñen facendo ás administracións dende o verán: unha máquina quitaneves.

“No mes de agosto solicitamos ás institucións un quitaneves para preparar a época invernal. As respostas foron que a quen se lle ocorre pedir un quitaneves en verán ou queda tempo de sobra e xa se vos dará cando chegue o inverno. Pois a realidade é que xa levamos 3 nevaradas de alerta amarela no pasado mes de novembro e mañán será a primeira de alerta laranxa e seguimos sen quitaneves para a rede viaria local”, sinala o rexedor.

Neste senso, insiste novamente na petición e, entre tanto, plantexa solucións alternativas. “Como xa pedimos en reiteradas ocasións no mes de novembro, solicitamos á Xunta que mentres non se arranxe a situación, envíe para a montaña de Ourense (non está únicamente Río nesta situación), os quitaneves da provincia de Pontevedra que non estean afectados por estas alertas para limpar a rede viaria local”.

Artigos relacionados

Back to top button