ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río, primeiro carsharing rural galego 100% ecolóxico

 

“Hoxe é un día moi importante, Hyundai prestou un vehículo Kona 100% eléctrico aos veciños de San Xoán de Río, o primeiro lugar en Galicia, dando a oportunidade de probrar con liberdade e dunha maneira gratuíta o coche eléctrico, para que os nosos veciños perdan o medo a utilízalo”. Desta maneira anuncia o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, esta iniciativa da marca de automóbiles.

 

 

O rexedor de Río sinala tamén que o uso de coches elétricos implica “un cambio de mentalidade, o Concello de San Xoán de Río, a día de hoxe, ten unha pequena influencia, pero ao final todos os pequenos pasos permiten dar un paso grande. O día de hoxe mostra o cambio do sistema de mobilidade que ten que dar a sociedade, porque non hai outra alternativa, temos que concienciar á xente de que outros modelos son posibles”.

Fotos: Concello de San Xoán de Río.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button