ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río rendiralle homenaxe a Gabino Rodríguez co descubrimento dunha placa na praza que leva o seu nome

Desenvolveu durante máis de 60 anos tarefas de administrativo e de secretario do Xulgado da Paz do Concello

San Xoán de Río homenaxeará a Gabino Rodríguez Álvarez, co descubrimento dunha placa ubicada na praza que leva o seu nome. O emprazamento cambia de nome, xa que anterioridade era a Praza do Concello. O acto terá lugar o vindeiro sábado, 8 de agosto.

Gabino Rodríguez (1930, Navea, Trives – 2014 Ourense) desenvolveu durante máis de 60 anos tarefas de administrativo e de secretario do Xulgado de Paz no Concello de San Xoán de Río. “Incluso de xubilado, momento que chegou no ano 1995, seguía asistindo diariamente ao consistorio por se tiña que botar unha man. A súa memoria privilexiada facía que, se xurdía unha dúbida sobre calquera dato, acudiran a el. Ademais de cumprir coas súas funcións co máximo esmero, sempre estaba disposto a axudar de forma totalmente desinteresada a calquera veciño que o necesitara: asesoramento, axuda na confección de documentos privados, etc. E sempre cunha cara amable”, tal e como informan dende o Concello.

 

Cartel da actividade.

 

Tamén destacan que “durante a súa vida laboral pasaron varios alcaldes, secretarios, xuíces de paz, auxiliaries, porteiros… e con todos eles traballou cóbado con cóbado polo ben do Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button