ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río, un concello que aposta pola sostibilidade e as súas oportunidades

 

Neste venres visitaban o municipio de San Xoán de Río e a súa área de influencia tres expertas, Eva Castro, Gemma Castiñeira e Ana Botas, que van traballar “para converter os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas en oportunidades reais de mellora económica, social e ambiental” deste concello, tal e como sinala o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Eva Castro, que se ocupará do apartado de Dirección de Proxectos e Operacións, é socióloga e traballadora social. Vicepresidenta da Red Internacional de Promotores ODS España. Está especializada en dirección e xestión de proyectos de impacto social positivo – PMP®. Ademais posúe unha ampla experiencia nas áreas de emprego, formación e innovación educativa. Axente de igualdae e secretaria da plataforma divulgativa “La Ciencia es femenino”.

Por outra banda, Gemma Castiñeira, centrarase na área de Planificación Estratéxica e Comunicación. É unha xornalista especializada na Sostibilidade e Innovación Social, cunha longa traxectoria en comunicación corporativa de organizacións empresariais, institucións públicas e terceiro sector, facilitando a conexión cos públicos de interese e a consolidación dos proxectos mediante a transparencia e a responsabilidade social.

Finalmente, a empresaria Ana Botas ocuparase da parte de Alianzas e Desenvolvemento de Negocio. Tras dúas décadas dirixindo organizacións de enxeñería e do sector contract, asesora do tecido económico galego en proxectos de sostenibilidade, economía de impacto e implantación de medidas Well para o benestar nos espazos de traballo. Forma parte da xunta directiva do Nordés Club Empresarial.

 

Artigos relacionados

Back to top button