OurenseÚltima hora

San Xoán de Río volve ao programa “Bamboleo” da televisión galega

Publicidade
Veciños de Río, na súa primeira participación no programa “Bamboleo”, en febreiro do pasado ano./ Foto cedida.

 

Case un ano despois de participar por vez primeira en “Bamboleo”, os veciños de San Xoán de Río regresarán ao estudo deste programa da televisión galega. Será o vindeiro martes 7 de xaneiro. As persoas interesadas en acudir podían anotarse a través dun número de whatsapp. Para o desprazamento contarase dun autobús que sairá dende Río ás 16:45h. dese mesmo día.

Este autobús ten previsto tamén facer paradas en Castro Caldelas e en Ourense. Esta iniciativa forma parte do programa de Nadal do Concello de San Xoán de Río.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button