Despois dun Consello de Ministros extraordinario que se iniciaba ás 10:30h. deste sábado 14 de marzo e que se prolongaba durante máis de 7 horas, o presidente do goberno de España, Pedro Sánchez, comparecía ante os medios de comunicación para detallar o conxunto de medidas incluídas no decreto do estado de alarma, recén aprobado.
Sánchez comezaba a súa intervención sinalando que esta é “unha crise sanitaria, económica e social á que imos dar resposta coa maior excelencia e rigor científico e con todos os recursos que sexan necesarios” e que “a nosa misión e determinación é protexer aos españois e ganar ao virus. E a partir de agora entramos nunha nova fase que é a da activación do mecanismo constitucional do estado de alarma”. Ademais o presidente aseguraba que “as medidas que imos adoptar son drásticas e van ter desgrazadamente consecuencias”.
Antes de centrarse nelas, adiantaba os grupos de medidas que se van implementar no próximo Consello de Ministro no conxunto do país para paliar os efectos económicos e sociais do estado de alarma. “Serán catro grupos de medidas: en primeiro lugar apoio aos empresarios, aos autónomos, aos empresarios, ás familias, aos colectivos máis vulnerables. En segundo lugar, apoio á flexibilización dos mecanismos de axuste temporal de actividade para evitar os despidos”, ademais do apoio á actividade económica das empresas para garantir a súa liquidez e, finalmente, un apoio á investigación da vacina do coronavirus.
A partir de aí explicaba as principais medidas que implica a decisión do goberno de España de declarar o estado de alarma durante os vindeiros 15 días. En primeiro lugar, esta declaración afectará a todo o territorio español durante 15 días, que poderán prorrogarse coa autorización do Congreso dos deputados se fora necesario. “Isto quere dicir que a partir de hoxe a autoridade competente en todo o territorio será o goberno de España”, matizaba Sánchez.
Tamén se rexintre a circulación dos cidadáns dende este sábado. “As persoas só poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades: adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos ou de primeira necesidade; para asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios, o desprazamento o lugar de traballo, o retorno ao lugar de residencia habitual, a asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou especialmente vulnerables; o desprazamento a entidades financeiras e seguros, por causa de forza maior ou situación de necesidade. Esta circulación deberá de realizarse individualmente, agás nas persoas con dificultade de mobilidade. Igualmente permitirase a circulación de vehículos polas vía de uso público para a realización desas actividades e para o repostaxe en gasolineiras”.
Así mesmo o titular do Ministerio do Interior poderá acordar o peche á circulación de estradas o tramos delas por razóns “de saúde pública, seguridade o fluidez do tráfico”.
Queda suspendida en España a actividade educativa e tamén a universitaria presencial en todas as etapas e niveis de ensino, así como o funcionamento dos museos, instalacions deportivas, monumentos e outros lugares de ocio. “Tamén queda suspendida toda actividade comercial minorista a excepción dos comercios de alimentos, bebidas produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas, produtos ortopédicos, hixiénicos, prensa, combustibles, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, tintorerías, perruquerías, comercio por internet, telefónico ou por correspondencia”, dicía Sánchez.
Ademais queda suspendida a posibilidade de consumo de produtos nos propios establecementos e “en todo caso evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñen a distancia de seguridade de alomenos un metro a fin de evitar os posibles contaxios”. A actividade de hostalaría quedará pechada ao público, pero os restaurantes poderán prestar servizos de entrega a domicilio.
Tamén informaba das medidas adicionais aprobadas dirixidas a reforzas o sistema nacional de saúde no Estado español, entre outras.
E finalizaba a súa intervención resaltando que “esta é unha batalla que imos ganar, o importante é que o prezo que pagamos por esa vitoria sexa o mínimo. Unidos sairemos adiante e venceremos ao virus”.