Con moi bo sabor de boca para os clubs valdeorreses, remataba o Campionato Galego de Tiro con Arco Sala que se celebraba esta fin de semana no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras.
Varios membros do Club ArcoBarco facían podio nas súas respectivas categorías pero era en composto sénior muller onde lograban os mellores resultados. Sandra Azevedo Correira (ArcoBarco) e Cristina Delgado Delgado (Arqueiros do Sil), conseguían o primeiro e segundo posto, respectivamente, proclamándose campioa e subcampioa galegas.

En recurvo sénior home non había sorpresas e o olímpico Miguel Alvariño (Sílex) subía ao alto do podio como flamante campión.

Tras dous días de competición, con máis de 200 arqueiros de toda Galicia nas diferente categorías e modalidades, a competición organizada polo Club ArcoBarco e a Federación Galega de Tiro con Arco baixaba o pano na tarde deste domingo 17 de decembro coa entrega de premios das modalidades desnudo, recurvo e composto.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información na vindeira edición en papel de O Sil Deportivo e tamén no seguinte enlace:
Máis de 200 arqueiros compiten esta fin de semana no Barco no Campionato galego de tiro con arco