SanidadeÚltima hora

Sanidade di que o Distrito de Valdeorras ten “garantido o transporte medicalizado urxente”

Publicidade
Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Dende a Consellería de Sanidade asegúrase que o Distrito Sanitario de Valdeorras “ten garantido o transporte medicalizado urxente (UVI Móbil). O Hospital Público de Valdeorras conta co mesmo número de ambulancias que sempre e dispón do persoal sanitario, tanto médico como de enfermería, preciso para acompañar a un paciente cando así requira o seu estado (transporte “medicalizado”)”.

Ademais Sanidade sinala que “este mesmo ano ampliouse o cadro de persoal de enfermería con dúas profesionais máis, contratadas escíficamente para realizar esta función, que antes viñan realizando, voluntariamente, de xeito retribuido un pool de enfermeiras do hospital, que decidiron deixar de facelo”.

Tamén se indica dende o Sergas que “igualmente o acompañamento de pacientes en ambulancia, por parte do persoal médico, víñase cubrindo por parte de distintos profesionais dos PAC e Urxencias, desistindo estes últimos de continuar, polo que contarase coa colaboración de facultativos do resto da Área Sanitaria para garantir acompañamento médico en calquera traslado que o requira”.

Artigos relacionados

Back to top button