OurenseÚltima hora

Sanidade intensifica as medidas fronte ao Covid na cidade de Ourense

Publicaranse esta tarde no DOG e inclúen o peche dos centros de día para persoas maiores e reducións de aforo na hostalaría

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante a evolución da situación sanitaria no concello de Ourense, a Consellería de Sanidade vén de intesificar as súas medidas preventivas fronte ao Covid. As novas medidas publicaranse esta tarde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrarán en vigor as 00:00 horas.

As novas medidas inclúen o “peche dos Centros de Día para persoas maiores ou con discapacidade e a suspensión de visitas e saída de usuarios das Residencias Sociosanitarias. Xunto a elo as reunións privadas, limitaranse a un máximo de 10 persoas; redúcese o aforo ata o 50% en comercios e hostalería, bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros”, tal e como se adianta dende a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button