Santiago Barja será o novo concelleiro socialista na Corporación de Viana do Bolo
16 de Xaneiro de 2017
Ocupará o posto de Jesús Salgado, que presentaba a súa demisión hai unha semana Tras a demisión de Jesús Salgado como concelleiro de Viana, Santiago Barja ocupará o seu posto./ Foto: Carlos G. Hervella.
No pleno que se celebrará neste mes de xaneiro en Viana do Bolo incluirase como punto da orde do día a demisión do edil socialista Jesús Salgado. Hai unha semana este vianés presentaba por escrito no Concello a súa renuncia ao cargo.
Nunha xuntanza celebrada pola agrupación local socialista de Viana o 13 de xaneiro, acordábase que ese cargo será ocupado polo número tres da lista, Santiago Barja, ao renunciar tamén o número dous, Beni Basalo por motivos laborais.
Santiago Barja, natural de Fradelo, xa tivo experiencia como edil en anteriores corporacións. A súa toma de posesión terá lugar nun novo pleno que podería celebrarse en febreiro. Nesta lexislatura o PSdeG-PSOE conta cun único concelleiro en Viana do Bolo.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.