CulturaCulturaÚltima hora

Sarabela Teatro presenta en Trives “Normas para saber vivir na sociedade actual”

A representación será o vindeiro domingo, 8 de setembro, no Auditorio Julio Vázquez

Sarabaela Teatro.

 

O teatro regresa este domingo Á Pobra de Trives. E faino da man de Sarabela Teatro, o grupo ourensán que se achegará ata o Auditorio Julio Vázquez para presentar a obra Normas para saber vivir na sociedade actual. A obra, escrita por Jean Luc Lagarce, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen de forma sutil dá instrucións de como debemos comportarnos.

“Nacer non é complicado, morrer é moi doado, vivir entre estos dous acontecementos non é necesariamente imposible”, din dende Sarabela, asegurando que “baixo a forma dun divertimento irónico, cómico e en aparencia lixeiro escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e coa súa hipocresía, fai imposible a sinceridade”.

Dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, a representación comezará ás 19h. e media hora antes poranse á venda as entradas na taquilla do auditorio. Prezo: 5 euros.

 

Cartel da representación en Trives.

Artigos relacionados

Back to top button