OurenseÚltima hora

Scouts de Ourense pasarán 5 días de campamento en Lugo

Realizarán un programa de actividades adaptado ás medidas fronte á Covid-19

 

Dende o pasado mércores, 19 de agosto, un total de 30 nenos de entre 11 e 17 anos saíron da cidade de Ourense acompañados dos seus monitores e voluntarios camiño de Lugo. Ata o vindeiro domingo, día 23, os scouts permanecerán en campamento na Residencia Universitaria LUG I, cedida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social

Realizarán diversas actividades que inclúen accións de educación ambiental, deportes, xogos de diversa índole e a visita a unha piscina. Tamén están programadas varias rutas pola zona urbana e rural da contorna para coñecer os segredos da histórica cidade de Lugo. Toda a programación está pensada baixo os “valores scouts” como son a cooperación, a paz, a tolerancia, o feminismo, a igualdade e o coidado coa natureza. Os participantes organízanse en dous grupos: Sección Scout (11-13 anos) e Unidade Esculta (14-17).

 

Scouts de Ourense en Lugo.

 

Para adaptar a actividade ás medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus, este ano decidiuse cambiar as instalacións rústicas de madeira e cordas, propias dos scouts, pola residencia universitaria, onde é máis sinxelo gardar estos protocolos. Tamén se reduciu o número de participantes, que en anos anteriores ascendía ata 60 e, para evitar aglomeracións, habilitouse unha quenda previa do 15 ao 19 de xullo para nenos de entre 9 a 13 anos. As actividades tamén tiveron que rediseñarse reducindo ao máximo o uso de material e manténdoo, ademais, constantemente hixienizado. O uso de mascarilla é obrigatorio.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button