Motocross, karting e carreiras de resistencia, son as disciplinas nas que leva competido Sébastien Hernández, piloto francés con orixes en Valdeorras que leva o mundo do motor nas veas xa dende neno.
O seu irmán Michael empezou co karting aos 4 anos e el facíao con 5 en motocross. “Aos 12 anos o meu pai levoume a un circuíto indoor de karting e xa a primeira vez fixen o mellor tempo e dende aí xa seguín”, contaba Sébastien nunha entrevista publicada en O Sil Deportivo, mantendo intacta unha afección que lle contaxiaba o seu pai e que agora el lle está transmitindo ao seu fillo, Kenzo, ao que adestra no circuíto BRK 78.

Con apenas seis sesións de adestramento, aos seus 5 aniños Kenzo xa apunta maneiras para seguir ao seu pai no apaixonante mundo do karting. Tanto na galería de imaxes coma no védeo podemos ver a este futuro pioto dándoo todo no kart.
Fotos e vídeo cedidos.