CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Segue a música en directo, da man de AMAVA, no Escondite Inglés (A Rúa)

 

De moita música en directo se pudo desfrutar na noite do venres 24 de xaneiro no Rock Bar Escondité Inglés da Rúa. Primeiro cos cantos de taberna da Festa do Codillo e despois cunha nova jam session de AMAVA, que resultou todo un éxito.

 

 

“O vivido onte foi algo moi grande. As ganas de participar de todos os socios de AMAVA facían que todo fluíse”, aseguran, destacando que había compoñentes de Mrs. Fine, Non -Time, O Patio de Leni, Seika, e mesmo “a presentación de novas vocalistas con moito futuro como María chegada de Larouco, impresionante. Tamén a mocidade dos anfitrións Green Angels da Rúa”, que actuaron diante dun público entregado. “Mesmo algún se arrincou a participar como parte Los Íñigos”, din emocinados.

 

 

Todo se mesturou para lograr un “marabilloso e irrepetible cocktail do que pudemos gozar e que ninguén dos presentes poderá esquecer en moito tempo porque o que ten a música en directo son momentos irrepetibles”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button