A unha semana exacta para que se celebre, a Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín de Valdeorras segue recibindo mostras de apoio dos equipos de fútbol da comarca.
Na tarde do sábado era o equipo alevín A do CD Rúa quen poñía a camiseta morada antes do seu partido de liga en casa contra o EDO Blanco Amor. O resto de equipos do club rues xa amosaron o seu apoio.

Onte tamén poñían as camisetas as xogadoras do Rúa Valdeorras FSF e os xogadores do CD Córgomo Vilamartín, antes dos seus respectivos partidos; e na xornada deste domingo 22 de outubro tocáballe o turno ao equipo sénior do Centro de Deportes Barco que amosaba o seu apoio a carreira poñendo as camisetas moradas antes do partido ante o Villalonga
As fotos da galería son do CD Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella.