A RúaConcellosÚltima hora

Seguen baixando os casos activos de Covid-19 na Rúa situándose nos 18

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un día máis recíbense boas novas dende o Concello da Rúa, confirmando unha nova e importante baixada no número de casos activos de coronavirus no municipio. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, na xornada deste luns 28 de decembro A Rúa rexistra 18 positivos de Covid-19, sete menos que onte.

Con respecto ao número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días baixa ata os 19, cinco menos que os rexistrados onte, aínda que mantén unha incidencia acumulada de >250 e o nivel medio-alto de restricións, pendentes da reunión do Comité Clínico.

Artigos relacionados

Back to top button