ConcellosÚltima hora

Seguen baixando os casos activos de Covid en Valdeorras que conta con 229, 23 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Unha xornada máis constinúa o descenso no múmero de casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras que neste venres 11 de febreiro rexistra 229 positivos, o que supón 23 menos que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Por concellos, baixan os casos no Barco con 145 positivos (15 menos que onte), Carballeda con 2 (3 menos), A Rúa con 39 (4 menos) e Rubiá con 7 (1 menos).

No resto de concellos mantéñense os casos activos. O Bolo conta con 13 positivos (os mesmos que onte), Larouco con 1, Petín con 2, A Veiga con 6 e Vilamartín con 14.

Tamén no Hospital Público de Valdeorras se manteñen os ingresos, rexistrando neste venres 11 de febreiro un total de 5 en planta, os mesmos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button