A partir das tres e media da tarde deste Xoves Santo saía dende o Alto da Portela o XXI Vía Crucis da Serra, o máis alto de Galicia. Numerosas persoas participaban neste percorrido relixioso de quince estacións en granito, realizadas por Pepe de Barrio, escultor de Lamalonga xa falecido.
Era un longo traxecto, enmarcado pola paisaxe montañosa de Trevinca nunha soleada tarde abril, que concluía xa na noitiña na entrada do pobo de Lamalonga. Un ano máis, esta iniciativa, que contaba coa colaboración do padre Javier, ten sido promovida pola Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”.
Fotos: Carlos G. Hervella.