ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Segunda charla do ciclo “Heroes, Mitos e Deuses de Galicia”, na Biblioteca de Verín

Sobre as crenzas dos antigos poboadores de Galicia versaba a conferencia que impartía na tarde do 31 de outubro o historiador e etnógrafo Miguel Losada na Biblioteca Municipal de Verín. A súa era a segunda das dúas charlas incluídas no ciclo “Heroes, Mitos e Deuses de Galicia”. O programa encetábase onte coa intervención de Paco Boluda, quen se centraba na tribo dos Tamagani, pobo prerromano asentado na zona de Verín.

Este ciclo tamén inclúe a exposición “Unha viaxe á Galicia dos Tamaganos”, con coidadas ilustracións de Paco Boluda, así como unha escolma de útiles propios desa época aportada por Xabier Bovillo. A mostra poderá visitarse na Biblioteca de Verín ata o vindeiro 10 de novembro. Este ciclo está sendo organizado pola Biblioteca de Verín en colaboración doa Sociedade Antropolóxica Galega (Saga).

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button