ConcellosÚltima hora

Segunda cita na Veiga con “Trevinca, O Camiño das Estrelas” na vindeira fin de semana

Estas actividades incluirán propostas de astronomía, gastronomía e música os días 11 e 12 de outubro

Observación do ceo nocturno en Trevinca./ Foto cedida polo Concello da Veiga.

 

Nova cita con “Trevinca, O Camiño das Estrelas” na Veiga. Este programa, que se iniciaba o 20 de setembro, continuará nesta vindeira fin de semana cun novo paquete de propostas. Así o 11 de outubro haberá máis observacións astronómicas con Óscar Blanco, despois dunha cea temática “G-Astronomía” ás 22h. en establecementos de hostalaría veigueses (As Chairas, Pena Trevinca, O Retiro, Bar Yáñez, Río Xares, A Aira da Petada, Eido das Estrelas).

Xa o sábado día 12 de outubro farase a “Ruta turística polas lagoas” ás 12h. e ás 19h. actuará Brañas Folk, e seguidamente haberá unha nova cea temática.

 

Nos establecementos de hostalaría da Veiga haberá ceas temáticas./Foto cedida polo Concello da Veiga.

 

O obxectivo do proxecto (incluído no programa O teu Xacobeo) “é destacar a riqueza cultural, natural, promover o noso patrimonio, impulsar o desenvolvemento das áreas rurais e fomentar o coñecemento do patrimonio galego e por en valor as nosas costumes”, segundo o Concello da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button