
Logo da boa acollida o pasado ano do proxecto “Flores no Camiño”, o Concello do Barco pon en marcha unha segunda edición desta iniciativa e, de novo, solicita a participación dos residentes nas rúas do Barco polas que transcorre o Camiño de Inverno.
Así poranse a disposición dos habitantes desas rúas, que teñan balconadas ou terrazas apropiadas, un máximo de 1.000 plantas de flores para axudar a engalanar os edificios situados no Camiño.
Os interesados terán que solicitar a súa participación no proxecto por medio dun impreso que estará a disposición de todos os interesados, ata o 2 de maio, na oficina de Turismo, e tamén na planta primeira do Edificio Multiusos e na web do Concello do Barco, no enlace:
https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/turismo/proyecto_flores.pdf
Os participantes poderán elixir entre varias clases de plantas: surfinia, petunia, xeranio, conchita e verbena. O Concello entregará as plantas, cun máximo de 6 unidades por residente e ata completar existencias, o día 6 de maio pola tarde, na Praza de Abastos.
Os solicitantes só terán que se comprometer a completar con flores propias o total das súas
balconadas ou terrazas.