
A área sanitaria de Ourense vén de rexistrar neste domingo o seu segundo falecemento por coronavirus. Trátase dunha paciente de 90 anos con patoloxías previas que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense, segundo informa a Consellería de Sanidade. Esta paciente era de Xinzo de Limia, tal e como confirmaba o propio Concello a través das redes sociais.
Parada de Sil
Por outra banda, o alcade de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, daba a coñecer a través do facebook do Concello un positivo por coronavirus neste municipio. “A falta de datos oficiais por parte do Sergas en canto a casos de afectados polo virus COVID-19 en Parada de Sil, dicirvos que hai un e que está a cumprir rigurosamente co protocolo que así lle foi imposto polas autoridades sanitarias, e está a evolucionar favorablemente”.