DeportesGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Segundo posto para o Fluvial Barco tras os nacionais de descenso de augas bravas no Sil

 

As augas bravas convertíanse esta fin de semana en protagonistas no Barco. As augas do río Sil acollían ata tres probas do Campionato de España desta modalidade (descenso clásica individual, patrullas clásica e sprint individual), ademais dunha proba nacional de xoves promesas.

 

 

Os resultados logrados tras esta competición deixaban a seguinte clasificación na liga nacional, segundo vén de publicar a Real Federación Española de Piragüismo: o Sícoris Club faise coa primeira posición, quedando segundo o Fluvial Barco e en terceira posición o Montaña Quixós de Monforte.

No referente ao Campionato de España de Xoves Promesas, o mellor resultado por clubs era para o Fluvial Avión, sendo segundo o Montaña Quixós e terceiro o Fluvial Barco.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button