Cultura

Seis bandas actuarán na sexta edición do Live for Madness Metal Fest

As entradas para o festival que se celebrará en Ourense o 25 de setembro están á venda por 10 euros
Cartel do festival, que se celebrará o 24 de setembro no Campo da Feira.
Cartel do festival, que se celebrará o 24 de setembro no Campo da Feira.

O Campo da Feira de Ourense volverá vibrar un ano máis coa mellor música metal. O Live for Madness Metal Fest programa para o 24 de setembro a súa sexta edición e xa conta con cartel pechado. Así, son seis as bandas que actuarán neste emprazamento ás beiras do Miño: Legacy of Brutality, Thirteen Bled Promises, Rise To Fall, Aphonnic, Strikeback e Ocean’s Garden.

As entradas pódense adquirir anticipadamente a un prezo de 10 euros a través de entradum.com e nos puntos de venda oficiais: El Pueblo, Matiz, Motorcycles, Prosoda e Sala Berlin. Se se adquire en taquilla, o prezo será de 12 euros. A organización tamén pon a disposición dos siareiros camisetas co cartel do festival, a un prezo de sete euros. O festival comezará ás 19:30 horas, con apertura do recinto unha hora antes.

 

Artigos relacionados

Back to top button