DeportesÚltima hora

Seis equipos do Adas Cupa competirán no Trofeo Abanca de pista cuberta

Atletas do Adas na pasada edición deste trofeo en pista cuberta, en decembro de 2021./ Cedida.

 

O vindeiro 11 de decembro Expourense acollerá a gran cita das categorías de promoción da atletismo en pista cuberta, o Trofeo ABANCA. Será en xornadas de mañá e tarde. Desta vez serán un total de quince equipos os que tomarán parte nesta competición, baixo a atenta mirada dun importante número de adestradoras e técnicos que estarán pendentes dos preto de medio milleiro de atletas inscritas e inscritos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Nesta décima edición foron as entidades do Adas Cupa do Barco e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra as que lograban a súa clasificación no total das seis categorías posibles, destacando de igual modo aos equipos da Atlética Lucense, Club Atletismo Sada, Club Atletismo Narón e Club Deportivo la Purísima con cinco equipos clasificados.

As probas oficiais nas que se tomará parte en función das distintas idades serán:

Categoría Sub10: 50 m., 500 m.; 1.000 m.; altura, lonxitude e peso
Categoría Sub12: 60 m., 500 m.; 1.000 m.; altura, lonxitude e peso
Categoría Sub14: 60 m., 500 m.; 1.000 m.; 2.000 m.; 60 valos, altura, pértega, lonxitude, triplo e peso

 

 

Aprendizaxe e promoción

O Trofeo de pista cuberta ABANCA ten como filosofía “a promoción e a aprendizaxe da actividade atlética entre as categorías máis inferiores do atletismo galego, sendo un dos seus obxectivos o fomento dos valores fundamentais do deporte a través dun sistema de competición por equipos”, tal e como se destacada dende a Federación Galega de Atletismo.

Ao longo destas nove edicións disputadas, das que tan só se deixou de celebrar no 2020 por mor do Covid, o club que máis triunfos suma é o Atletismo Vila de Cangas cun total de dez títulos, seguido polo Ourense Atletismo con oito, ADAS CUPA con seis e Atletismo Sada con tres.

Artigos relacionados

Back to top button