DeportesÚltima hora

Seis equipos do Adas do Barco, na final galega da Liga Abanca en Ourense

O club valdeorrés lograba o subcampionato en Sub12 feminino e Sub14 masculino, así como o terceiro posto en Sub12 masculino

 

Con ata seis equipos clasificados acudía o Club Adas Proinor do Barco á fase final autonómica da Liga Abanca que se desenvolvía na pista cuberta de Expourense. Por unha banda estaban os Sub10 masculino e feminino, que se situaban na sexta posición con moi boas marcas.

Ademais o Adas lograba o subcampionato en Sub12 feminino, mentres que os rapaces do equipo Sub12 masculino quedaban terceiros e “loitaron contra as adversidades ata o último momento”, destacan dende o Adas.

En Sub14 masculino o club barquense facíase cun “apretadísimo subcampionato, conseguido tan só por un punto ante os terceiros e a tan só 0,5 puntos dos primeiros”, aseguran dende o Adas, destacando ademais a “brillantísima actuación de todos eles, pero cun Pablo Neira en altura que conseguía unha espectacular marca de 1,63”. O equipo feminino Sub14 situábase na novena posicións.

Dende o Club Adas amosan o seu agradecemento aos “responsables das escolas da Rúa, Trives, Viana e O Barco” e tamén resaltan a “implicación de todas as familias, sen eles isto sería imposible”.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button