A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Seis positivos de Covid nos centros educativos valdeorreses

 

Os centros educativos da comarca de Valdeorras rexistran un total de 6 casos activos de Covid, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia deste sábado 29 de maio. No caso do Barco, o CEIP Condesa de Fenosa ten 1 positivo, o CEIP Julio Gurriarán 1 positivo e o Colexio Divina Pastora 2 positivos.

Na Rúa o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo.

Na provincia de Ourense o total de positivos en centros educativos ascende a 31.

Artigos relacionados

Back to top button