ConcellosO BarcoÚltima hora

Seis produtores do Barco de Valdeorras participan na 22ª edición de Xantar

As 6 empresas desta localidade, moi vinculadas á gastronomía, estarán presentes no stand do Xeodestino Valdeorras-Manzaneda-Trevinca

 

O concello do Barco de Valdeorras está desde hoxe presente na 22ª edición do salón de turismo  gastronómico Xantar, onde permanecerá ata o domingo, con seis empresas da localidade moi vinculadas á gastronomía. Os produtores estarán no stand do Xeodestino Valdeorras-Manzaneda-Trevinca. Trátase das empresas Adegas Godeval, Panadería Santigoso, Adega Cooperativa Xesús Nazareno, Licores Barbudos Coop, Artexanía Enxebre e Mel do Tío Miguel.

Cada día de apertura da feira, unha das empresas estará no stand para atender aos visitantes e darlles a coñecer os seus produtos. Tamén haberá degustacións para todos aqueles que se acheguen ao stand, e unha técnica de turismo difundirá información do Concello do Barco, con apoio de materiais impresos. Ademais, o domingo, haberá unha degustación de botelo e pigureiro, da man dun carniceiro da localidade que os elabora e comercializa.

Por último, a técnica da Oficina de Dinamización Turística do Barco participará nun workshop con axentes e operadores turísticos para estimular a contratación de paquetes turísticos con empresas da zona e acordar accións concretas.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas primeiras.

Artigos relacionados

Back to top button