Un pouco máis tarde que noutras ocasións, na xornada deste domingo 17 de setembro estase a celebrar o selectivo de auga doce no Encoro de San Martiño, na Rúa.
Desta competición, na que participan 16 pescadores da Coruña, Pontevedra e Ourense (5 da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras), sairán tres dos catro que participarán no campionato de España desta modalidade de pesca. “O campión galego vai directamente”, explican dende a SPFV, lembrando que o selectivo celébrase en horario de mañá e tarde.
Fotos: Mónica G. Bellver.