ConcellosÚltima hora

Fomentando o uso da bicicleta, no Barco

A Semana europea da mobiliade celebrarase do 16 ao 22 de setembro
A concelleira de Medio Ambiente, Diana Urdangaray e o alcalde do Barco, Alfredo García na presentación da Semana europea da mobilidade./ Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Medio Ambiente, Diana Urdangaray e o alcalde do Barco, Alfredo García na presentación da Semana europea da mobilidade./ Foto: Mónica G. Bellver.

O Barco de Valdeorras prepárase para celebrar a Semana europea da mobilidade que este ano xirará en torno ao lema “Elixe. Cambia. Combina. A túa mobilidade” e que conta con diferentes actividades que na mañá do 11 de setembro eran presentadas pola concelleira de Medio Ambiente do Barco, Diana Urdangaray e o alcalde, Alfredo García.

A primeira das actividades programadas é a bicicletada “O Barco sen coche” prevista para o 17 de setembro ás 18h. con saída dende o inicio de carril bici (paseo do Malecón) e chegada á praza do Concello onde haberá bebidas e inchables. Este ano como novidade, as inscricións e recollida de dorsaris terán lugar unha hora antes da saída e haberá agasallos para tódolos participantes, con premios para o de maior idade, o de menor idade, a familia máis numerosa en bicicleta, os novos usuarios do programa bicibarco (setembro 2014-2015) e os usuarios efectivos do programa con máis de 10 usos no mesmo período.

Uns días despois, o martes 22 de setembro de 18 a 20h. desenvolvease o parque de educación viaria da man da Policía Local, para nenos de entre 8 e 12 anos que deberá acudir coa súa bici e casco.

O programa complétase coa mellora de infraestruturas como medida permanente deste ano, proxectos en colaboración cos centros educativos, ou unha charla para condutores con máis de vinte anos de carné, entre outras que xa se levaron a cabo.

A concelleira de Medio Ambiente, Diana Urdangaray, adiantou que a data da Semana da mobilidade vén estipulada dende Europa pero no Barco coincide coas festas de setembro e o comezo do curso polo que case non teñen marxe para desenvolvela. Por iso, de cara ao vindeiro ano están barallando a posibilidade de adiantala e probablemente se faga de cara á primavera.

Artigos relacionados

Back to top button