O Concello de San Xoán de Río programa unha “Semana do Circo”. O evento terá lugar entre os días 24 e 28 de agosto e será na Casiña Azul de 17:30h a 19:00h excepto o mércores. Trátase dunha serie de actividades dedicadas a nenos a partir de 4 anos relacionadas co mundo do circo sen animais e que inclúen maquillaxe, photocall e malabres, entre outras.
