CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Semana de proba nos “Camiños Escolares” do Barco

Entre as rutas deste circuíto figuran as que seguen os escolares do CEIP Otero Pedrayo de Viloira

Coa idea de ir implantándoo pouco a pouco nos catro centros de Educación Infantil e Primaria do Barco, nesta semana veñen de poñerse en marcha a modo de proba os “Camiños Escolares” seguros, unha iniciativa promovida dende o Concello.

Entre as rutas establecidas para os centros de ensino figuran as do CEIP Otero Pedrayo de Viloira, con tres puntos de encontro para os alumnos, que acuden sós ao centro, se ben nesta proba están indo acompañados dun pai. Eses puntos de encontro, que están sinailzados, son neste caso a praza José Otero, o cruce da praza San Mauro coa estrada xeral (Manuel Quiroga) e o cruce das Casas Baratas coa zona do matadoiro.

Estas rutas comezaban a funcionar neste martes 18 de xuño. Xa no pasado ano se fixo outra proba similar no concello a finais de curso.

Fotos cedidas polo CEIP Otero Pedrayo de Viloira.

Artigos relacionados

Back to top button