CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Sen goles no CD Barco-Racing Vialbés disputado en Calabagueiros

Tras varios partidos aprazados polo Covid, o conxunto barquense empataba a ceros cos lucense na xornada 21 da liga en Terceira Dvisión RFEF

 

Tralo parón polas festas de Nadal, o 9 de xaneiro arrancaba a segunda volta da liga en Terceira División RFEF, pero o Covid impedía ao CD Barco disputar varios dos partidos previstos. Varios positivos nos planteis, obrigaban a suspender os encontros a domicilio co Silva e co Rápido ce Bouzas e tamén o de casa ante o CD Estradense, sendo na tarde deste domingo 30 de xaneiro cando se reencotraban por fin coa afección no campo de Calabagueiros.

O partido correspondente á xornada 21 enfrontaba no terreo de xogo dous equipos igualados en canto a clasificación: CD Barco e Racing Vilalbés, ambos con 18 puntos e catro partidos menos. Unha igualdade que se reflectía tamén no resultado: empate a ceros e reparto de puntos.

 

 

Malia que os rapaces de Javi Rey loitaron por marcar, os lucenses defendían ben a portería, tendo tamén traballo na defensa para controlar os continuos ataques dos visitantes. Ao final, sen grandes xogadas, o tempo de xogo remataba co 0-0 no marcador. O equipo local dous cartóns amarelos (un para David Álvarez no minuto 30 e outro para Iago no 89′. Pouco antes, no minuto 85, o árbitro expulsaba ao xogador do Vilalbés David Vérez.

A seguinte cita para os do Barco, se o Covid non o impide, será no campo do CF Noia, equipo ao que venceran na primeira volta por 3 goles a 1.

O punto anecdótico da xornada poñíao Ivi Vales, un dos veteranos do equipo barquense, quen antes do partido pousaba para o once titular co seu fillo, de apenas dous meses e medio, que xa conta cunha camiseta do Centro de Deportes Barco.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button