CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sendeirismo, música, teatro e cinema para celebrar as Letras Galegas en Trives

 

Cunha variada gama de propostas celebrarase en Trives a “Semana das Letras Galegas”, adicada nesta ocasión á poeta Xela Arias. Os actos comezarán o 17 de maio cunha ruta familiar que sairá ás 12h. da Oficina de Turismo da vila. Terá unha duración aproximada de hora e media e para poder participar nela será preciso reservar (hai aforo limitado) chamando ao teléfono 988 330967.

Por outra banda, está previsto realizar unha gravación do voluntariado da biblioteca lendo poemas de Xela Arias, lecura que estará acompañada pola música dos instrumentos tocados por Sandra e Farruco. A actividade desesenvolvarase ao aire libre, sempre e cando o tempo acompañe. En caso contrario trasladarase á biblioteca.

Ademais o día 23 de maio poderá verse o espectáculo “Xela fala coa natureza”, que combina “de forma maxistral a música, a poesía e diferentes técnicas de circo”, tal e como se adianta dende o Concello de Trives. A protagonista do espectáculo é unha actriz de referencia nomeada este ano aos Premios Goya 2021, como mellor actriz de reparto, Rosa Puga Davila.

Finalmente, para o día 29 de maio ás 19:00h está prevista a proxección do documental “Xela Arias. Poeta nas marxes” na Casa da Cultura de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button