CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Sendeirismo, tradicións e identificación de fauna e flora no campamento “Destino Vilariño”

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado visitaba esta tarde os participantes nesta iniciativa

 

Esta tarde a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaba aos nenos que, desde o martes da semana pasada e ata mañá xoves, desfrutan da primeira quenda do campamento no albergue de Vilariño de Conso. Esta actividade forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia e céntrase en actividades de natureza, deportivas, de animación e culturais.

Cristina Pichel destacou a ampla oferta de campamentos postos á disposición das familias de Ourense, con máis de 1.200 prazas en toda a provincia. Neste sentido, apuntou que o obxectivo da programación estival é que os nenos e mozos teñan a oportunidade de desfrutar das súas vacacións ao tempo que as familias teñen ao seu alcance un recurso de conciliación.

Baixo o título ‘Destino Vilariño’, os participan neste campamento realizan sendeirismo e aprenden a identificar a flora e fauna locais. Tamén practican caiac e natación, entre ouros deportes; desfrutan da praia fluvial e participan en obradoiros de reciclaxe ou aprenden a elaborar produtos como pan, queixo ou xabón. O programa desta iniciativa complétase con actividades de música, teatro e visitas ao museo etnográfico e ao observatorio astronómico de Trevinca da Veiga.

 

 

‘O verán que sempre vas lembrar’

A edición deste ano da campaña de verán da Xunta leva por lenda ‘O verán que sempre vas lembrar’ e conta para os meses de xullo, agosto e setembro con máis de 11.200 prazas entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ‘Coñece Galicia’, intercambios con outras Comunidades Autónomas e outras actividades.

Artigos relacionados

Back to top button