En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Sentida homenaxe a Fernando García do seu club, o Centro de Deportes Barco

Os familiares do directivo recentemente falecido, recibían un ramo de flores en sinal de cariño antes do partido ante o CD Ribadumia

 

Baixo a chuvia e entre bágoas. Así recibían os familiares de Fernando García, directivo do CD Barco recentemente falecido, a homenaxe que lle tiña preparado o seu club no campo municipal de Calabagueiros.

 

 

Na tarde deste domingo 10 de marzo, intres antes de que dera comezo o partido ante o CD Ribadumia, o presidente do CD Barco, Nilo Ramos e dous cativos do club, entregaban aos fillos de Fernando (entre eles Nando (porteiro, delegado e actualmente preparador de porteiros) e tamén a unha neta, un fermoso ramo de flores en sinal de cariño e pesar.

 

 

Ante de comezar o partido mantíñase un minuto de silencio durante o cal a imaxe de Fernando reflexábase no marcador do campo.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button