Rubiá está en festas. A celebración das festas patronais na honra á Ascensión propiamente ditas comeza esta noite co concerto de Los Íñigos pero xa na xornada de onte, xoves 18 de maio, comezaban os actos.
Pola mañá tiña lugar a misa solemne e a procesión coa imaxe da Virxe do Camiño dende a igrexa parroquial ata a súa capela onde permanecerá ata o ano que vén; e pola tarde unha sesión de maxia co Mago Noel e tamén de zumba.
Organizado polo Concello, os cativos e as súas familias desfrutaron e riron co mago participando activamente do espectáculo.
Fotos e vídeos cedidos.