DeportesÚltima hora

Sete novos xuíces de Nivel I incorporaranse á Delegación Valdeorresa de Atletismo

Aprobaban o exame que se celebraba o pasado 8 de outubro no Barco

Un dos momentos do exame de xuíz de atletismo no Barco./ Foto: A.R.

 

Sete das doce persoas que o pasado 8 de outubro se presentaban ao exame, convocado polo Comité Galego de Xuíces, para obter o título na categoría Xuíz de Nivel I no Barco aprobaban esta proba.  Os resultados dos exames veñen de facerse públicos por parte do Comité Nacional de Xuíces. Así como resultado deste exame saen como novos titulados Ana Belén Blanco Alonso, María Coral Calvo Ortiz, Fernando Fuertes Nogueira, Javier García Abadín, Rubén García Fernández, Diana Urdangaray Díaz e Fernando Valcárcel Arias.

“Todos eles deberán formalizar a licenza de Xuíz Nivel I no prazo máximo dun mes, contado a partir da publicación desta circular.En caso contrario, perderán a condición de Apto/a e deberán examinarse de novo para alcanzar a categoría de Xuíz Nivel I”, segundo informa o Comité Nacional de Xuíces da Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

A noticia era valorada moi positivamente na Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo. Ademais estes novos 7 titulados virán a reforzar a súa estrutura de xuíces desta delegación, onde a delegada de xuíces é Montserrat Barrio.

Ademais a vindeira semana retomaranse as clases para formar a novos xuíces xa que está previsto un novo exame, tamén de Nivel I, o 26 de novembro no que se presentarán máis valdeorreses.

 

Outro dos momentos da proba./ Foto: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button