ConcellosÚltima hora

Shiitake Trives, unha aposta en clave feminina polos cogomelos no Macizo Central Ourensán

Esta iniciativa empresarial, promovida por Ángeles González e Carmen González, presentábase na tarde do 6 de decembro en Trives

 

Ante máis dun cento de persoas presentábase na tarde do 6 de decembro na Auditorio de Trives o proxecto Shiitake Trives, unha iniciativa de emprendemento feminino que aposta polos cogomelos ecolóxicos do Macizo Central Ourensán. “É un fermoso proxecto que nace do vello soño de dúas amigas de poder vivir sempre neste pedaciño de terra, que é o noso fogar desde que nacemos. O soño de vivir do que esta terra nos ofrece (luz, auga, natureza…) e con iso producir algo rico, sano, fermoso, e facelo xuntas. Cos carballos que cobren as fragas aquí nas Terras de Trives atopamos o xeito de producir estes marabillosos cogomelos”, explicaban as súas promotoras Ángeles González Rodríguez (propietaria e xernete da empresa) e Carmen González Arias.

 

 

Xunto a elas participaban neste acto a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, o chef Anxo Trives do Restaurante La Viuda, xunto a Remedios Martínez. Esta iniciativa empresarial consiste na explotación ecolóxica de cogomelos, concretamente da variedade shiitake (Lentinula edodes), para a súa comercialización en fresco a través de venda directa nas instalacións da explotación e xerou dous postos de traballo.

Ángeles González e Carmen González defíanse como dúas “mulleres emprendedoras do Macizo Central Ourensán neste paraíso que é a Pobra de Trives”. Despois da súa intervención, Anxo Trives falaba das propiedades nutricionais e culinarias do Shiitake. Ademais, no folleto que se lles entregaba aos asistentes este chef, membro de Cociña Ourense, incluía unha receita elaborada con este tipo de cogomelos: “Shiitake salteado ao alliño, langostino, sésamo negro, figos e albahaca Thay”.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button