EconomíaEconomíaÚltima hora

Showcooking de Anxo Trives con produtos do Macizo Central no Festival Portamérica

Entre as súas elaboracións estaba un prato de Castañas da Cooperativa Amarelante de Manzaneda con Shiitake de Trives

 

A localidade pontevedresa de Portas acolle nesta fin de semana o Festival Portamérica que aposta pola unión de música, gastronomía e natureza. No apartado gastronómico este multitudinario evento, que reúne a milleiros de persoas, contaba nesta edición de 2023 co cociñeiro Anxo Trives (Restaurante La Viuda de Trives), que na primeira xornada do festival realizaba un showcooking no que cobraban protagonismo os produtos do Macizo Central Ourensán.

 

 

Así preparaba un prato de Castañas da Cooperativa Amarelante de Manzaneda con Shiitake de Trives. Tamén elaboraba un sarmale de polo. “Levei un anaquiño do noso macizo central ante 15.000 persoas”, destaca Anxo Trives.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button