CulturaCulturaÚltima hora

O SilFest regresa ao Barco de Valdeorras

A cita coa cultura, a música e a gastronomía á beira do río Sil será o 20 e 21 de xullo
Unha das actividades da 2ª edición do SilFest en torno á poesía. /Foto: Mónica G. Bellver.

Despois dunha paréntese (o ano pasado non chegaba a celebrarse) o SilFest regresa con máis forza que nunca. A data: os días 20 e 21 de xullo, de novo na praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras.

Tal como adiantan dende a organización, esta 3ª edición do festival seguirá a liña de programación de anos anteriores “dando se cabe, máis protagonismo ao Mini-SilFest, a sección infantil”.
Como nas anteriores edicións, o SilFest convertirase na fin de semana na referencia cultural en Valdeorras fusionando cine, poesía e por supuesto moita música, con actividades en plena natureza e unha zona de restauración “na que poderemos comer nun entorno privilexiado e probar os mellores viños da D.O. Valdeorras”, aseguran dende a organización que proximamente irá avanzando información sobre os contidos do 3º SilFest.

Artigos relacionados

Back to top button