CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Simulacro de evacuación no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco

 

Na mañá deste venres 2 de xaneiro escoitábanse sereas na contorna do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras pero non había ningunha emerxencia real. Tratábase dun simulacro de evacuación de todo o edificio, seguindo o plan de emerxencia e evacuación e coa colaboración da Policía Local.

Tal como indican dende o centro escolar, é unha práctica que fan todos os anos, “para ensaiar as accións a realizar en caso dunha emerxencia colectiva e adquirir así hábitos de prevención ante situacións de risco”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button