As instalacións da Estación de Montaña de Manzaneda convertíanse o 2 de novembro en escenario dun simulacro de rescate. Esta actuación, promovida por Oca Nova Manzaneda, tiña lugar no telesilla. Foi realizada polo persoal da propia estación baixo a supervision do enxeñeiro de I+C, Gustavo Samartín (Conselleiro Delegado ), e do alcalde de Manzaneda, David Rodríguez.
Neste simulacro tamén participaba o equipo da Garda Civil de Montaña do Posto de A Pobra de Trives e estiveron presentes como convidados, por primeira vez, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda. Ademais de seguir o simulacro de rescate como observadores, tamén participaban como rescatados.
Para Protección Civil de Manzaneda resultou “unha interesante xornada para a formación dos voluntarios e para o currículum do bo facer da agrupación en aras de dar o mellor de seu nunha posible emerxencia ou incidente no funcionamento do telesilla”, segundo aseguran.
Os vídeos do simulacro poden verse no seguinte enderezo:
http://proteccioncivilmanzaneda.tk/