SanidadeÚltima hora

Sinatura dun convenio para renovar o Centro de Saúde de Castrelo de Miño

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 14.464 euros

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos Pérez, veñen de asinar un acordo bilateral no que se establecen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde da localidade ourensá. No acto, estiveron acompañados pola Directora Xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello.

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 14.464,92 euros. O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde e o papel de intermediación do Delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para poder asinar este convenio co tempo suficiente para que se poida licitar e executarse a obra en prazo. Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Castrelo do Miño contarán a partir do ano que vén cun centro de saúde mellor e máis confortable.

As obras, consistirán na reparación de persianas e estores interiores das xanelas, a substitución de peches das carpinterías de aluminio danadas, o pintado de parámetros verticais e horizontais, así como das portas interiores dos caixóns de persianas, a fachada exterior, o peche frontal e a substitución e mellora da iluminación de entrada ao centro.

 

 

Renovación de infraestruturas de atención primaria

A sinatura deste convenio significa dar un paso máis na renovación das infraestruturas da atención primaria na nosa comunidade. Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 92 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as 2 obras que arestora están en marcha. En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

Artigos relacionados

Back to top button